Deseñados para a túa seguridade
 
 
 
Infolitic Transparent Wallpaper Crystal
Servidores seguridade da información
A gama de servidores de Infolitic ten como característica principal a seguridade da información grazas ao cifrado de datos, por defecto.

Achegan á túa oficina certas tecnoloxías ata agora tan só utilizadas en centros de protección de datos e grandes empresas.

Son unha elección perfecta como servidores de datos para profesionais independentes, en todo tipo de oficinas de empresa, para integrar en servizos instalados directamente en centros de datos, pero sobre todo, para quen necesite gardar de forma realmente segura a súa información ou conteña grandes volumes de datos confidenciais.

Combinamos hardware de calidade e software libre e incluimos a administración de sistemas como parte do servizo de mantemento e soporte nestes equipos.

As suas principais características son a seguridade da información e a alta dispoñibilidade de hardware, software, datos e rede.

Equipos Kino - Infolitic, informática intelixente
Pola túa información confía en

Cifrado por defecto

A seguridade da información é a clave dos servidores . Ideais para profesionais e empresas, axudan a cumprir as actuais normativas de protección de datos. O teu negocio dispoñerá das medidas de índole técnicas necesarias que garanten a seguridade dos datos cos que traballas, cumprindo co Regulamento de Protección de Datos (RGPD) e coa Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD).

Oficinas de empresa

Toda a túa información centralizada, protexida e sempre accesible, dende dentro e dende fóra da túa oficina, seguindo unha rigorosa política de seguridade de rede. Terás o control dos teus datos e a chave para bloquear a información cando o desexes. Grazas aos servidores evitarás fugas de información.

Centros de datos

Se prefires ter a túa información na Internet e esquecer a infraestrutura local ofrecémosche estos servidores no CPD que desexes. Actualmente temos clientes con servidores situados en importantes centros de protección de datos en España, Francia e Holanda.
En Infolitic utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estadísticos da navegación dos nosos usuarios que nos axudan a mellorar os nosos productos e servizos. Pode obter máis información aquí. Se continúa navegando entendemos que acepta a nosa política de cookies.