A experiencia audiovisual
que a túa marca necesita
 
 
 
Infolitic Transparent Wallpaper Crystal
Servizos audiovisuais informática ao servizo da arte
Ofrecémosche servizos de marketing audiovisual e publicidade aproveitando todo o noso coñecemento e innovación nesta área.

Impresionarás nos teus eventos, congresos, presentacións, conferencias...

Creamos solucións a medida para o mundo do cinema e da televisión. Por fin poderás integrar a informática dentro do set de rodaxe nas túas producións.

Dispoñemos dunha vangardista infraestrutura informática audiovisual e uns equipos incribles, como os equipos autónomos, silenciosos e remotamente controlables, cos que mesmo podemos automatizar escenas e realizar control físico, grazas aos seus módulos IoT...
Ademais poderás acceder ao hardware que queiras, contratando o noso servizo de renting de equipos informáticos e audiovisuais para os teus eventos de márketing ou para ter o atrezzo tecnolóxico máis adecuado nas túas escenas máis artísticas.

E se necesitas contidos gráficos e audiovisuais, estáticos, dinámicos ou interactivos, creámolos para ti coa mellor calidade profesional, todo o que necesites e no formato que o necesites.

Arrinca unha nova etapa, comézaa co noso asesoramento técnico especializado e un orzamento sen compromiso...
Equipos Kino - Infolitic, informática intelixente
Áreas do servizo audiovisual

Marketing e publicidade

Diriximos proxectos de escaparatismo, marketing audiovisual e publicitario. Xeramos valor engadido para a túa marca ou empresa. Provemos a infraestructura audiovisual necesaria, o equipo humano e os contidos que permitan conseguir o teu obxectivo.

Eventos audiovisuais

Proporcionamos todo o material necesario para as túas presentacións, conferencias, congresos e outro tipo de eventos similares. Alá onde necesites un marco audiovisual poderás contar coa nosa experiencia e equipo para xerar o impacto desexado.

Atrezzo tecnolóxico ¡de cine!

Dispoñemos de ordenadores autónomos, silenciosos e remotamente controlables na nosa gama de equipos , ideais para instalar como atrezzo tecnolóxico dentro do set de rodaxe en producións de cinema e televisión. Ademais creamos contidos audiovisuais a medida e provemos todo tipo de equipos informáticos e audiovisuais.

Renting e venda de equipos para producións audiovisuais

Equipos Kino - Infolitic, informática intelixente
Opcion kino Equipos , autónomos, silenciosos e remotamente controlables
Opcion kinoOrdenadores portátiles e de sobremesa
Opcion kinoEstacións de traballo
Opcion kinoServidores e material de rede
Opcion kinoPantallas/TV TFT/LCD/LED dende 10 pulgadas ata 84 pulgadas
Opcion kinoPantallas electrónicas de LEDs (modulares pixel pitch min. 2.6 mm) desde [4 metros (ancho) : 2 metros (alto)] hasta ∞ (técnicamente posible)
¡Creamos contido!
Deixámosvos aquí un exemplo de creación de contido, unha gravación onboard no primeiro coche da escudería Grille Automoción, comandado por Javier Ramos Grille e Nestor Casal Vilar no 26 Rali Botafumeiro, o pasado 24 de agosto de 2018.

Gravado pola tarde, publicado ao día seguinte á primeira hora da mañá.

Equipos Kino - Infolitic, informática intelixente
Facebook © 2018
En Infolitic utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estadísticos da navegación dos nosos usuarios que nos axudan a mellorar os nosos productos e servizos. Pode obter máis información aquí. Se continúa navegando entendemos que acepta a nosa política de cookies.