Dentro do noso paquete de servizos cabe destacar a informática integral como a clave que nos permitiu crecer e nos enorgullece poder ofrecercha hoxe a tí, para que te suceda o mesmo.
Porque os nosos equipos e os dos nosos clientes están sempre a punto, sen amargas sorpresas. Portátiles, computadores de sobremesa, estacións de traballo e servidores. Todos funcionando como o primeiro día, sen anomalías, sen virus, a pleno rendemento...
Traballamos moi duro durante anos para poder ofrecerche hoxe unha serie de produtos cargados de innovación que te permitirán esquecer o mantemento informático clásico e comezar a gozar da tecnoloxía.
Optimizamos o gasto en informática, realizamos os máis avanzados diagnósticos de hardware e software e levamos a cabo ampliacións de hardware, só cando é necesario.
Asesoramos ós nosos clientes, recollemos e entregamos a domicilio, dispoñemos de taller, de laboratorio e de sistemas específicos para protección de datos en auténticos búnkeres da información.
Temos o noso propio sistema de trazabilidade (tracking online) para o seguimento de equipos en varios procesos de servizo, como o do mantemento proactivo ou o do reciclaxe de hardware.
Realizamos complexas auditorías de equipos, sistemas e redes. Podemos asegurarte que se nós mantemos os teus equipos non te levarás sorpresas, os nosos clientes aválannos, temos un cociente de cualificación excelente en satisfacción.
Ademais, aínda por riba, dispoñemos de produtos novos, testados durante anos e moi estables, por exemplo o mantemento proactivo, un produto exclusivo que nos converte na empresa máis vangardista en canto a informática integral.
Non o dubides nin un minuto, fala connosco, pon a proba os nosos servizos, goza dunha experiencia nunca antes vista...