Infolitic Transparent Wallpaper Crystal
HELA
tu equipo siempre como el primer día

Hela non é unha simple posta a punto do teu ordenador
Ademais ofréceche todas estas vantaxes...

Infolitic - Solucións HELA
Opcion helaPosta a punto do teu ordenador online. Non terás que andar desprazando o teu equipo. Só necesitas unha conexión a internet e do resto encargámonos nós!
Opcion helaNun tempo marca! En menos de 1 hora terás o teu equipo listo para usar! Esquéceche das esperas de días e días mentres está no servizo técnico
Opcion helaE podras polo a punto sempre que queiras!!! ¿Tes que realizar unha operación bancaria importante? ¿Desconfías que che entrou un virus? Só tes que solicitalo no panel de control que Infolitic pon para ti e xa estará preparado para volver usalo
Opcion helaHela S.O. Duo: Dobre sistema operativo no teu ordenador. ¿Quen di que tes que ser de Windows, de Mac ou de Linux? Agora podes ser de dous á vez!!
Opcion helaFarache unha copia de datos de toda a túa información de forma automatizada (Backup)

As solucións Hela son para:

Opcion helaCalquera persoa que teña un ordenador xa sexa un portátil, equipo de sobremesa, estación de traballo ou servidor
Opcion helaPersoas que non teñan tempo para levar o ordenador ao servizo técnico tradicional e non poidan prescindir do equipo durante tantos días
Opcion helaQuen queira asegurarse que o seu ordenador está libre de virus antes de facer operacións importantes en internet

Hela pódese personalizar para cubrir as túas necesidades...
CONSÚLTANOS

Opcion helaConectámonos remotamente para instalarche todo o software que necesites e ademais calquera periférico (escáner, impresora...) que queiras ter conectado ao teu equipo
Opcion helaServizos de copia, borrado e recuperación da túa información

Que vantaxes teñen os Sistemas HELA?

Opcion helaInstalación dun sistema operativo en alta dispoñibilidade → Hela S.O.
Opcion helaInstalación de dous sistemas operativos en alta dispoñibilidade → Hela S.O. Duo
Opcion helaRecollida e entrega a domicilio.
Opcion helaInstalación de software de usuario.
Opcion helaRecuperación express en menos de 1 hora.*
Opcion helaPosta a punto do equipo sen desprazamentos. A golpe de clic esteas onde esteas, desde calquera parte do mundo. Todos os días do ano a calquera hora (24/7)
Opcion helaReinstalacións ilimitadas do ordenador (incluído no servizo HELA PREMIUM)
Opcion helaPanel de control onde administrar os teus dispositivos incriblemente fácil.
Opcion helaDiagnóstico integral de equipos. Non só reinstalamos o teu ordenador, tamén revisamos o hardware para descartar posibles erros debido a este.
Opcion helaRecomendacións de ampliación ou mellora do teu dispositivo.
Opcion helaLimpeza exterior de equipo.
Opcion helaInstalación remota de periféricos (impresora, escaner...) a baixo custo mediante cita previa.
Opcion helaAcceso a equipos de cortesía.
Opcion helaGarantía 100% libre de virus.
Opcion helaGarantía 100% software orixinal.**

¿Como funciona a posta a punto dos Sistemas HELA?

A primeira vez, ¡e só a primeira vez! traemos o teu ordenador ao noso taller onde lle realizaremos a posta a punto inicial:

1
Instalamos o teu sistema operativo (Hela S.O.) e se ademais queres probar outro sistema operativo, Linux por exemplo, pero sen perder o teu orixinal, tamén cho instalamos, de forma que convivan os dous sistemas operativos no mesmo dispositivo (Hela S.O. Duo)
2Instalamos todo o software de usuario** que nos indiques ti na recollida, todos os programas que necesites para o teu día a día. E se non tes os programas na túa propiedade buscámosche unha alternativa de Software Libre e gratuíto para cubrir as túas necesidades.
3Realizamos todas as actualizacións do sistema.
4Antes de entregarche o equipo realizamos unha imaxe do estado do mesmo para que todas as reinstalacións posteriores volvan a este estado, limpo, libre de virus e con todo o software que necesitas.
5Limpeza exterior do equipo para que non só este limpo por dentro senón que brille tamén por fóra.

Non te preocupes! Da recollida e entrega desta primeira vez encargámonos nós. Cando contrates o servizo poñerémonos en contacto contigo para concertar unha cita que se adapte aos teus horarios e nós desprazámonos onde ti queiras.

Finalizado o proceso de posta a punto HELA, procederemos á entrega a domicilio do teu equipo recentemente instalado. ¡COMO NOVO!

O equipo apartir deste punto xa estaría listo para que o poidas reinstalar as veces que queiras a golpe de clic... ¡XA É UN SISTEMA HELA!

A reinstalación de equipos informáticos mediante Sistemas HELA é un proceso innovador co que o teu ordenador sempre funcionará e ademais coa nosa garantía 100% libre de virus e malware.

¿Qué é HELA PREMIUM?

¡O futuro chegou!

¡O mellor servizo de recuperación do teu ordenador que existe!

¡Non atoparás nada igual!

HELA PREMIUM é o único sistema co que poderás reinstalar o teu ordenador a golpe de clic, esteas onde esteas, todos os días do ano.

¡Sí!, oíches ben, se te vas de vacacións ou estás en viaxe de negocios no outro extremo do mundo só necesitas unha conexión a internet e poderás reinstalar o teu ordenador.

Se é sábado, domingo ou mesmo festivo, en Nadal ou en Fin de Ano, terás o servizo sempre dispoñible para ti, as 24 horas do día, os 7 días da semana.

HELA PREMIUM é un servizo mensual ao que só poderás acceder se anteriormente contrataches un servizo de Hela S.O. ou Hela S.O. Duo.

Mediante un panel de control, infolitic Debra, poderás administrar os teus dispositivos dunha forma incriblemente sinxela. Non necesitas ser ningún especialista nin chamar ao teu primo informático.

¡FÁCIL, RÁPIDO E INTUITIVO!

Con HELA PREMIUM terás os teus dispositivos en alta dispoñibilidade, sempre funcionando.

A recuperación dos equipos é tan rápida que antes de que te deas conta terás de novo o teu ordenador 100% operativo.

Olvidate de mover o teu ordenador de tenda en tenda para ver se alguén cho pode arranxar coa consecuente espera de días para poder dispoñer del outra vez. Non perdas a túa rutina e utiliza HELA PREMIUM.

Recuperacións ilimitadas do ordenador. Que desconfías dun virus... reinstalas, que queres facer unha operación moi importante e non te fías... reinstalas... tantas veces como che apeteza. Si, oíches ben...

¡TANTAS VECES COMO CHE APETEZA!

¿Que é infolitic Debra?

¡¡DEBRA É NOSA ALIADA NÚMERO 1!!

Debra é unha máquina á que ti lle podes enviar ordes. Non che encanta?

Mediante un panel de control persoal e privado terás acceso aos teus dispositivos, PC, portátil, centro multimedia, servidor... e tomar accións sobre eles.

O servizo de posta a punto, reinstalación de sistemas operativos a través de Debra é realmente rápido e eficaz.

Dependendo do dispositivo poderás ter de novo o teu equipo recentemente instalado e libre de virus e malware, nun tempo récord.

Desde os 10 minutos como no caso dos sistemas Kino STV ata a media hora en caso de portátiles e sobremesas. ¡OLLO! Todo depende da túa conexión a internet!

Ademais da reinstalación de dispositivos tamén poderás tomar unha chea de accións máis como actualizar, reiniciar...

¿A que é fantástica a alta dispoñibilidade que che ofrecemos?

¿A que esperas para probalo?

Ver máis información acerca de infolitic Debra »
73,50€ 66,15€ -10%
85,60€ 77,04€ -10%

* Tempo medio de reinstalación a golpe de clic: 30-45 min. Proceso dependente da túa conexión da internet e do teu equipo.

** Infolitic non instala software sen as súas correspondentes licenzas. Os programas ou sistemas operativos propietarios que queiras incorporar ao teu ordenador deberán ser achegados por ti así como as súas licenzas. Somos provedores de software, en caso de necesidade pídenos orzamento.

Todos os prezos mostrados nesta páxina web inclúen o 21% I.V.E.

 
         
© 2008-2018 Infolitic, informática intelixente
En Infolitic utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estadísticos da navegación dos nosos usuarios que nos axudan a mellorar os nosos productos e servizos. Pode obter máis información aquí. Se continúa navegando entendemos que acepta a nosa política de cookies.