Contacta agora mesmo e participa no proxecto
Os teus datos están seguros e non serán compartidos con terceiros. Podes exercer os teus dereitos en calquera momento contactando con nós. Ó enviar este formulario aceptas o noso aviso legal e a nosa política de privacidade.
Gostaríame moito estar ó día de todas as iniciativas, proxectos ou productos de Infolitic polo que acepto recibir información polos medios de contacto que aporto.
¿Tes un ordenador que non usas e non sabes que facer con él?
Regálallo a un neno
Borrarémo-la túa información de forma segura e instalarémoslle programas educativos para doarllo a un neno
Sabemos que moitas veces os ordenadores tíranse antes de que sexan inservibles realmente e coñecemos a forma de alongarlles a vida un pouquiño máis.
Doutra banda tamén somos conscientes de que hai moitos nenos hoxe en día que non teñen a posibilidade de acceder a un computador por falta de recursos económicos das súas familias.
Esta e unha campaña de reciclaxe de computadores de forma que a xente que xa non use un equipo no canto de tiralo, cédao, para que un neno poida aprender e educarse con el.
A persoa que desexe doar un equipo a un neno pode facelo no punto de recollida.
A doazón pódese facer anónima ou dando o consentimento de ceder os datos ó rapaz que reciba o equipo doado, co fin de poder manter una relación no futuro, no caso de mutuo acordo.
A persoa que doa un ordenador poderá saber en todo momento a situación na que se atopa o equipo doado e se lle notificará por email se o ordenador se lle regalou a un neno ou si pola contra procedeuse ó seu reciclaxe no punto limpo.
Faremos unha selección dos equipos que realmente teñan posibilidades de reutilización e cos outros nos encargaremos do seu correcto reciclaxe no punto limpo.
Preparamos todos estes equipos informáticos e os poñemos a punto cun sistema GNU/Linux, cun paquete de programas educativos, para poder darllo a un neno que o necesite e que poida mellorar a súa vida e a súa adaptación á sociedade.
Un nen@, de idade comprendida entre 6 e 12 anos, con dificultades económicas beneficiarase dun ordenador no que se instalará un paquete de programas educativos.
Ademais impartiráse un curso para estes nen@s onde aprenderán a desenvolverse co seu novo equipo.
A parte do labor social indubidable tamén estás a colaborar co teu grao de area ao problema ambiental tan grande que está a sufrir o noso planeta.