Infolitic Transparent Wallpaper Crystal
Solucións HELA
sistemas en alta dispoñibilidade
Infolitic - Solucións HELA

As innovadoras solucións Hela foron deseñadas e desenroladas en exclusiva por infolitic tras máis de 10 anos de I+D+i.

Un simple concepto: o teu ordenador sempre a punto. Unha sinxela solución: Hela, sistemas en alta dispoñibilidade para os teus equipos informáticos.

Proveemo-la recuperación dos sistemas operativos do usuario de forma rápida e segura, sen desplazamentos. Este concepto supón unha evolución do mantemento informático tradicional de modo que baixo demanda dispoñeremos da posibilidade de recuperar o PC ó seu estado de fábrica ou a un estado controlado e verificado polo noso equipo de profesionais, limpo, libre de virus e malware, e sen erros de sofware de forma cómoda e sinxela que certifique un mellor rendemento do sistema e o seu software.

As solucións Hela son solucións intelixentes pola súa rapidez de servizo e comodidade para o usuario, ó mesmo tempo que grazas ás diferentes opcións adáptanse de forma excepcional ás necesidades de cada cliente.

Dispoñibles para ordenadores portátiles, miniordenadores, equipos de sobremesa, estacións de traballo ou servidores.

Infolitic - Solucións HELA
Infolitic - Solucións HELA

Os servizos máis relevantes incluídos dentro das solucións Hela son os seguintes:

  • Instalación de sistemas operativos (un ou dous sistemas nun equipo):
    • Debian GNU/Linux
    • Microsoft Windows
    • Apple macOS
    • Outros sistemas Linux (CentOS, Fedora, Kali Linux, Linux Mint, openSUSE, Red Hat Enterprise Linux, Trisquel, Ubuntu...)
  • Instalación de software.
  • Instalación de sistemas de backup.
  • Instalación de periféricos (impresoras, escáneres...)

Ademais as solucións Hela inclúen servizos de copia, borrado (común, seguro e Gutmann) e recuperación da túa información.

Desde infolitic recomendamos o uso de baterías en todos aqueles ordenadores que deban estar sempre dispoñibles. Deste xeito un equipo coa solución Hela será un gran aliado dun servidor coa solución Nubo para que ambos sexan un perfecto tandem de alta dispoñibilidade.

Completamo-lo paquete co servizo Hela Premium que ofrece a posibilidade de recuperación dos teus sistemas Hela tantas veces como necesites, sen límite de recuperacións e sen permanencia.

En poucas palabras, Hela ofrécenos unha solución completa onde o mantemento informático non será algo do que teñamos que preocuparnos.

 
         
© 2008-2018 Infolitic, informática intelixente
En Infolitic utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estadísticos da navegación dos nosos usuarios que nos axudan a mellorar os nosos productos e servizos. Pode obter máis información aquí. Se continúa navegando entendemos que acepta a nosa política de cookies.